ANDAINA DE PONTEDEVA 2026 🌿

APARCAMENTO
ANDAINA 2026

ANDAINA DE PONTEDEVA 2026 🌿
📅 10 de maio
💧 Ruta da Auga
Dende o Concello de Pontedeva animámosvos a participar nesta fermosa andaina, unha oportunidade perfecta para desfrutar da natureza, do noso pobo e da contorna única do río Deva 🌊💚
Un día para camiñar, compartir e poñer en valor o noso entorno 🌿
💰 12 € | 📌 Inscricións ata o 8 de maio
📞 988 49 50 05
📢 Anímate e axúdanos a difundilo! 👇 Toda a info no cartel 👇

 

 

📍 Información importante sobre a Andaina de Pontedeva

Como todos os anos, a Casa do Pobo de Trado e a súa área recreativa serán o punto de partida e chegada do evento 👉 https://maps.app.goo.gl/PoyhoRgNawSGA5n56

🚗 Tal e como vedes na imaxe, hai varias zonas habilitadas para aparcar: un aparcadoiro amplo ao lado da área recreativa e tamén opción de estacionar ao longo da estrada, quedando moi preto da saída.

☕ *IMPORTANTE:*
A partir das 09:00h serviremos café e bica para todos/as os/as participantes
🚶‍♂️ Ás 09:30h dará comezo a ruta longa dende o Cruceiro de Trado

➡️ As persoas que participen só na ruta curta deberán acudir igualmente a Trado para recoller as acreditacións e tomar café se así o desexan.

📍 O inicio da ruta curta será ás 10:00h na Área Recreativa da Ponte 👉 https://maps.app.goo.gl/wWK3fNY9pPvxWH8HA

🚌 Para facilitar o desprazamento, poremos un autobús á disposición dos participantes da ruta curta, que os trasladará ata o punto de saída. Dende alí realizarán a ruta, que remata na localización inicial (Casa do Pobo de Trado).

📞 Para calquera dúbida, podedes contactar co Concello en horario laboral.