A Deputación de Ourense, en colaboración co Concello de Pontedeva, informa á veciñanza que se levarán a cabo traballos de corta de árbores polos marxes das estradas e pistas do municipio. Estes traballos realizaranse coa finalidade de eliminar calquera árbore ou vexetación que poida supoñer un perigo para a seguridade viaria.
Infórmase tamén aos propietarios das parcelas afectadas que, se desexan aproveitar a madeira, poderán realizar a corta por conta propia antes do inicio dos traballos. No caso contrario, a empresa encargada da corta deixará a leña en anacos manexables no propio monte.
Solicítase a comprensión de todos os veciños e veciñas polos posibles inconvintes que estas actuacións poidan causar, e lémbrase a importancia destas tarefas para garantir unhas vías máis seguras para todos.
Grazas pola vosa colaboración.