Curso gratuito de defensa persoal

curso-defensa-persoal

O Concello de Pontedeva comeza o mes de setembro ofrecendo un curso gratuíto de defensa persoal, dirixido a todas as persoas interesadas en aprender técnicas básicas de autodefensa.

O curso levarase a cabo do 9 ao 30 de setembro, os luns e mércores, en horario de 19:00 h a 21:00 h. As clases terán lugar nas antigas escolas de Freáns, un entorno ideal para este tipo de actividades, que combina comodidade e privacidade.

Este curso é unha excelente oportunidade para adquirir habilidades que poden ser útiles en situacións de risco, fortalecendo a seguridade persoal e a confianza en un mesmo. O curso está aberto a todos os veciños do concello e arredores, pero requírese un mínimo de 10 persoas inscritas para que se poida realizar.

As persoas interesadas en participar deben inscribirse chamando ao Concello ao número de teléfono 988 495 005. ¡Non perdas esta oportunidade de aprender algo novo e útil!