Esta fin de semana, 23 e 24 de agosto, o pobo de Xinzo celebrará as festas na honra a San Bartolomeu.
Queremos agradecer a todas as persoas que traballan para que as nosas festas e tradicións non se perdan, e que xuntos poidamos seguir celebrándoas.
Venres 23 de agosto
• Gran churrascada con opción vegana.
• Procesión do Santo desde a igrexa ata a capela ás 20:00 h, acompañada pola Banda de Música Municipal de Cartelle.
• Pola noite, verbena co Grupo Pekados.
Sábado 24 de agosto
• Misa solemne ás 12:00 h na honra a San Bartolomeu, acompañada pola Banda de Música Municipal de Cartelle.
• Sesión vermú coa pulpeira do Carballiño. Reservas no teléfono 672 56 91 23.
• Pola noite, verbena coa Orquestra Yucatán e Disco Dolce Vita.
• Chocolate ao final para todos e fin de festa.
Ademais, sortearase unha experiencia gastrotermal no balneario de Partovia (O Carballiño).
Para máis información, contactar coa comisión no teléfono 613 35 90 96.