O próximo fin de semana, o 11 de agosto, a parroquia de Trado celebrará a tradicional Romería de San Xusto, unha das festividades máis queridas e agardadas polos veciños.
A xornada comezará cunha misa solemne na capela de San Xusto, seguida dunha procesión, ás 12:30 h. Despois da cerimonia relixiosa, os asistentes poderán gozar dunha deliciosa comida que incluirá empanada e xamón asado.
Para amenizar o día, contaremos coa actuación do Dúo Sensación, que porá música e ledicia á celebración. Ademais, haberá unha pulpeira que ofrecerá o seu exquisito polbo a todos os presentes.
É importante inscribirse previamente para participar na comida. Poden facelo chamando aos teléfonos 673 527 083 ou 639 57 72 14.
Agradecemos a todas as persoas que colaboran para que as nosas festas e tradicións sigan vivas e poidamos celebralas xuntos, ano tras ano.