Taller de memoria

taller-memoria-2024

O Concello de Pontedeva organiza un Taller de Memoria especialmente dirixido a homes e mulleres maiores de 50 anos. Esta actividade, deseñada para estimular e exercitar a memoria, é unha excelente oportunidade para manter a mente activa e mellorar a calidade de vida.

O taller dará comezo o 19 de setembro e levarase a cabo nas antigas escolas de Freáns. As sesións realizaranse de martes a xoves, en horario de 11:30 a 13:00 horas.

Se estás interesado en participar, podes anotarte contactando co Concello de Pontedeva no teléfono 988 495 005.

Non perdas esta oportunidade para coidar a túa memoria e gozar dun ambiente ameno e enriquecedor. ¡Esperámosche!