Anuncio: Xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas

ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos do Concello de Pontedeva do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, publícanse no taboleiro de anuncios do Concello de Pontedeva e no BOE, as parcelas nas que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se descoñece o lugar de notificación. Nestes casos, ao resultar imposible a notificación, comunícaselles ás persoas responsables o seu deber legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposto polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Descargue o pdf do anuncio