Contacto

No Concello de Pontedeva estamos á túa disposición para atender calquera consulta, dúbida ou información que necesites. O noso obxectivo é mellorar continuamente os servizos que ofrecemos, tanto na nosa páxina web como no municipio. Encantaríanos contar coa túa participación e colaboración, xa sexa aportando suxestións, ideas ou informándonos sobre aspectos que poderiamos mellorar.

Colabora con nós

Ademais de facilitarche información de interese sobre o concello, queremos invitarte a participar activamente no desenvolvemento da nosa páxina web. Se tes ideas ou propostas sobre como mellorar os contidos, non dubides en contactarnos. A túa opinión é moi importante para nós e axúdanos a facer de Pontedeva un lugar mellor para todos.

Grupo de difusión WhatsApp – Pontedeva Informa

Poñemos en marcha un grupo de difusión de WhatsApp chamado Pontedeva Informa. Este canal unidireccional será utilizado para comunicar actividades de interese xeral para os veciños, bandos municipais, situacións de emerxencia, convocatorias e outras noticias relevantes. Este canal non está deseñado para recibir demandas, queixas ou suxestións, polo que non se responderán mensaxes nin chamadas a través de WhatsApp.

Se desexas unirte a este canal e recibir información directa sobre o que sucede en Pontedeva, podes solicitalo nos datos de contacto que se atopan a continuación.

Se necesitas poñerte en contacto connosco, podes facelo a través de algún dos seguintes canles. Xa sexa para realizar consultas, recibir información sobre trámites municipais, ou expor calquera cuestión relativa aos servizos que ofrecemos, estaremos encantados de atenderte:

Email:

concello.pontedeva@eidolocal.es

Teléfono:

988 49 50 05

Horario de atención:

De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h e de 08:00 a 14:00 en verano (de xullo a setembro)

Enderezo postal:

Praza Estatuto de Galicia s/n Pontedeva Ourense 32235 España

Séguenos nas redes sociais:

FacebookInstagram