Localización

Polígono Industrial Trado
Polígono Industrial Trado

O Polígono Industrial de Trado sitúase nunha ladeira do monte comunal de Trado, no concello de Pontedeva, e conta con accesos mellorado grazas á varias subvencións da Xunta de Galicia.

Desde Vigo: o traxecto máis rápido é pola A-55 en dirección Ourense, conectando coa A-52. A partir da N-120, tómase a saída á OU-531, que leva directamente ao polígono. A distancia é de aproximadamente 85 km, cun tempo estimado de 1 hora en coche.

Desde Ourense: o polígono está a 35 km pola OU-531, que se percorren en arredor de 30 minutos. Este é o traxecto máis directo e cómodo.

Desde Ribadavia: o acceso faise tamén pola OU-531, cunha distancia de 20 km, que se percorren en menos de 20 minutos. Ribadavia, unha vila importante na comarca do Ribeiro, está ben conectada co polígono, facilitando o tránsito de mercancías.

Desde Portugal: o acceso dende localidades como Valença ou Monção faise a través da A3, cruzando a fronteira por Tui. A continuación, tómase a A-55 e logo a A-52 en dirección Ourense, seguindo pola N-120 e a OU-531 ata o polígono. A distancia dende Portugal é duns 75 km, cun tempo de aproximadamente 1 hora.