Alcaldía

Benvidos á páxina web oficial do Concello de Pontedeva. A través deste espazo, queremos ofrecer a todos os veciños, amigos e visitantes a posibilidade de coñecer mellor o noso municipio. Aquí atoparán información sobre o noso patrimonio cultural, paisaxístico e económico, así como sobre as actividades e servizos que ofrecemos dende o Concello.

Saúdo do Alcalde

Aproveito esta oportunidade para enviar un saúdo afectuoso a todos os habitantes de Pontedeva, especialmente a aqueles que se atopan espallados polo mundo. Tamén animo a quen aínda non tivo a oportunidade de visitarnos a que descubra as nosas terras. O noso concello é pequeno, pero cun gran corazón e sen fronteiras.

Para tod@s, unha forte aperta do voso amigo e alcalde,
D. Juan Carlos González Carbajales

Alcalde D. Juan Carlos González Carbajales
D. Juan Carlos González Carbajales

Relación de Alcaldes de Pontedeva (1901-2024)

Ao longo dos anos, Pontedeva foi liderado por distintas persoas que traballaron polo benestar do noso municipio. Cada un dos alcaldes que desempeñou este cargo deixou a súa pegada na nosa historia local. A continuación, preséntase unha lista dos alcaldes que gobernaron Pontedeva dende 1901 ata 2024:

• 1901-1908: D. José Lorenzo Gómez
• 1909-1916: D. José Mª Álvarez Vázquez
• 1917-1920: D. Marcial Lorenzo Ojea
• 1921-1935: D. Rogelio Álvarez Álvarez (Freáns)
• 1936-1938: D. Paulino Lorenzo Estévez (Aldea)
• 1939-1942: D. Juan Morán González
• 1943-1946: D. Ramón Sotelo Castro (Fontaiña)
• 1947-1948: D. Lisardo González Carrera (A Veiga)
• 1949-1954: D. Senén Julio Grande Vázquez
• 1955-1969: D. Manuel Méndez Gallego
• 1970-2007: D. José González Marquina (Aldea)

Dende o ano 2007, exerce como alcalde de maneira ininterrompida D. Juan Carlos González Carbajales.