Descrición
Permite tramitar expedientes para a Consulta Popular. Poderán someterse a consulta popular aqueles asuntos da competencia propia municipal e de carácter local que sexan de especial relevancia para os intereses dos veciños, con excepción dos relativos á facenda local.
Requisitos
De conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común, toda persoa xurídica ou física poderá dirixirse á Administración presentando as solicitudes, comunicacións e escritos que considere oportunos, tan só deberán de cumprir estes co contido mínimo regulado en dita normativa.
Prazo de presentación
Continuo
Efecto do silencio
Segundo normativa aplicable
Prazo de resolución
Segundo normativa aplicable
Normativa aplicable
- Constitución Española de 1978 (Art. 92.3)
- Ley Orgánica 2/1980, de 18 de enero, sobre regulación de las distintas modalidades de referéndum. (Disp.Adic.Única)
- Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común. (Arts. 9 y 66)
- Ley 7/1985, de 2 de abril, reguladora de las Bases del Régimen Local. (Arts. 69-71)
Presentación do trámite
Pode facelo a través da sede ou en persoa. Seleccione unha das opcións dispoñibles:
Por Internet
Ir á Sede Electrónica ↗
Prema para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico a través desta sede.
En persoa
Descargar instancia (PDF ↓)
Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello.