Declaración Responsable

Descrición

De conformidade co establecido no artigo 69.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común, a declaración responsable é o documento subscrito por un interesado no que este manifesta, baixo a súa responsabilidade, que cumpre cos requisitos establecidos na normativa vixente para obter o recoñecemento dun dereito ou facultade ou para o seu exercicio, que dispón da documentación que así o acredita, que a porá a disposición da Administración cando lle sexa requirida, e que se compromete a manter o cumprimento das anteriores obrigacións durante o período de tempo inherente a devandito recoñecemento ou exercicio.

Requisitos

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común, toda persoa xurídica ou física poderá dirixirse á Administración presentando as solicitudes, comunicacións e escritos que considere oportunos, tan só deberán de cumprir estes con o contido mínimo regulado en dita normativa.

Prazo de presentación

Continuo

Efecto do silencio

Segundo normativa aplicable

Prazo de resolución

Segundo normativa aplicable