Descrición
Este trámite permite realizar solicitudes de Rectificación, Supresión, Limitación, Portabilidad ou Oposición en relación con Datos de Carácter Persoal. Dereito de rectificación: o interesado terá dereito a obter sen dilación indebida do responsable do tratamento a rectificación dos datos persoais inexactos que lle conciernan. Dereito de Supresión: o interesado terá dereito a obter sen dilación indebida do responsable do tratamento a supresión dos datos persoais que lle conciernan sempre que concorran algunha das circunstancias reguladas no artigo 17 do RGPD. Dereito de Limitación: o interesado terá dereito a obter do responsable do tratamento a limitación do tratamento dos datos cando se dean algunha das condicións enumeradas no artigo 18 do RGPD. Dereito á Portabilidad dos Datos: o interesado terá dereito a recibir os datos persoais que lle incumban, que facilite a un responsable do tratamento, nun formato estruturado, de uso común, e lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento. Dereito de Oposición: o interesado terá dereito a oporse en calquera momento, por motivos relacionados coa súa situación particular, a que datos persoais que lle conciernan sexan obxecto dun tratamento.
Requisitos
De conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común, toda persoa xurídica ou física poderá dirixirse á Administración presentando as solicitudes, comunicacións e escritos que considere oportunos, tan só deberán de cumprir estes con o contido mínimo regulado en dita normativa.
Prazo de presentación
Continuo
Efecto do silencio
Segundo normativa aplicable
Prazo de resolución
Segundo normativa aplicable
Normativa aplicable
- Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo de 27 de abril de 2016 relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos y por el que se deroga la Directiva 95/46/CE (Norma Completa)
- Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales. (Arts. 12 a 18)
- Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas. (Arts. 9 y 66)
- Ley 7/1985, de 2 de abril, reguladora de las Bases del Régimen Local. (Art. 21.1.s)
Presentación do trámite
Pode facelo a través da sede ou en persoa. Seleccione unha das opcións dispoñibles:
Por Internet
Ir á Sede Electrónica ↗
Prema para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico a través desta sede.
En persoa
Descargar instancia (PDF ↓)
Prema para descargar o formulario de solicitude, que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, nas oficinas do Concello.